Partidazo o que se pudo ver hoxe no Campo Municipal de Zacande, aplazado no seu día e disputado nesta mañán, entre os equipos infantiles do C.D. Mosteiro e o Moraña C.F. Nos nosos destacamos o feito da convocatoria de dous xogadores alevines que reforzaban ao equipo: Yoel e Amestoy.

Os dous equipos chegaban a este encontro cos 6 puntos de 6 posibles, contando os seus dous partidos anteriores por victorias. O partido, como se anticipaba, foi trepidante.

O comezo xa prometía un encontro de altura, xa que nos primeiros minutos o ritmo que se impuxo foi altísimo, e os dous equipos presionaban forte para facerse co dominio. Tivo a primeira clara o Moraña nos pes de David, pero o porteiro local resolveu ben. Contestou o Mosteiro cunha xogada de ataque moi ben executada na que non toparon portería.

Abreu a lata o Moraña por medio de David no minuto 10, que rematou esta vez a dentro outro man a man co porteiro. Definiu moi ben o morañés. Tiveron o segundo os morañeses case na seguinte xogada, pero Dani non chega por pouco. Deu a réplica o Mosteiro, aproveitando unha falta mal defendida polos morañeses na que pican o balón por enriba da barreira, e cun gran remate de cabeza á saída dun córner, dándolle a volta ao encontro antes do minuto 13.

Pablo Fraga logrou empatar de novo no minuto 15, tras un saque de córner no que o balón queda morto, e o xogador de Campo Lameiro logra rematar a porta. Con este resultado de 2 a 2 chegouse ao descanso.

Tralo paso por vestiarios, o encontro seguíu pola mesma liña, cos dous equipos volcados e moi incisivos. Adiantouse de novo o Mosteiro grazas a un bastante discutido penalti por mans na área morañesa que transformou Xabier. Os nosos lograron unha vez máis empatar no 50, cun gran gol de Edu.

20151012075206-1O encontro estaba totalmente roto e podía caer para calquera dos dous lados. A chave estivo nestes minutos, nos que o Mosteiro logrou pechar ao Moraña cunha presión aínda máis intensa, e unha maior decisión lle facía gañar os segundos balóns. Así, aproveitando o mal rexeite dun saque de esquina, Piñeiro facía o 4-3, e noutro mal despexe morañés, Jonathan facía o 5-3-

Quedaban 20 minutos, e os nosos deron unha lección de pundonor, de intensidade e de fútbol. Fóronse para arriba con todo, buscando a portería rival con insistencia. David fixo o 5-4 cun golazo en xogada personal. Xa só quedaban 15 minutos, e só a mala sorte pode explicar que non volveran os infantiles alomenos cun punto deste desplazamento, porque no último tramo de partido as ocasións repetíronse unha e outra vez sen sorte. Nin David por ata tres veces, nin Pereira que o intentou nun remate alonxado, nin Edu que se incorporou ao ataque foron quen de facer o quinto gol que lles daba o empate. E así rematou o encontro, cuio resultado máis xusto por merecemento debeu ser un empate.

De todos os xeitos, noraboa a estes rapaces, que loitaron durante todo o encontro para sacalo adiante e deixaron todo no campo. Seguindo nesta liña de traballo, os resultados seguirán chegando. A seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Mosteiro 5 – 4 Moraña C.F.

C.D. Mosteiro: David, Brais, Santiago, Daniel, Pablo, Óscar, Xavier, Jonathan, Manuel, José M., Sergio. Tamén xogaron Lucas e Miguel.

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Sende, Christian, Rubén, Pablo, Pereira, Edu, David, Cela e Dani. Tamén xogaron Iván, Yoel, Amestoy e Pedro.

Goles: 0-1 David (minuto 10); 1-1- Pablo (minuto12); 2-1 Pablo (minuto 13); 2-2 Pablo Fraga (minuto 15); 3-2 Xabier de penalti (minuto 46); 3-3 Edu (minuto 50); 4-3 Piñeiro (minuto 53); 5-3 Jonathan (minuto 59); 5-4 David (minuto 66).

Compárteo!

Deixa un Comentario