Os Xuveniles viaxaron a Bamio este sábado para afrontar a 21ª Xornada de Liga. O equipo morañés contaba con baixas, polo que nesta ocasión tiraron de varios xogadores cadetes para completar a convocatoria.

O encontro estivo marcado pola igualdade nos 90 minutos, e só se decidiu no último tramo. Adiantouse primeiro o Bamio, cun gol de Diego no minuto 10. Con este resultado, se chegou ao descanso.

No comezo da segunda parte, Ferro facía o gol do empate, polo que o partido comezaba de cero. Segundo pasaban os minutos, parecía claro que o equipo que lograra facer o segundo, se ía a levar os puntos. E finalmente, os puntos quedaron en Bamio ao transformar Aarón un penalti no minuto 70.

Unha mágoa polo resultado pero non polo traballo. A levantarse e a seguir pelexando.

FICHA TÉCNICA

C.D. Bamio 2 – 1 Moraña C.F.

C.D. Bamio: Xavier, Iago (Marcos, min.83), Diego, Iván, Aarón, Santiago (Alejandro, min.84), Juan, Pablo (Castiñeiras, min. 87), Carballal (Aitor, min.49), Eloy, Carlos.

Moraña C.F.:Damián, Rober, Francisco (Giao, min. 68), Iago, Leis (Gago, min.46), Joel, Alejandro, Pedro (Ferro, min.46), Martín, Gabriel (Raúl, min.46), Suso.

Goles: 1-0 Diego (min. 10); 1-1 Ferro (min. 49); 2-1 Aarón, p. (min. 70)

Compárteo!

Deixa un Comentario