• Nova victoria a domicilio para asentarse preto dos postos de promoción.

  • O C.D. Bamio xogou un gran partido, e foi un rival aguerrido e correoso.

O Moraña C.F. trouxo do Municipal M. Paz Vilas tres puntos de ouro na tarde de hoxe. Os pupilos de Miguel sabían que se xogaban dar un paso adiante moi importante na clasificación e sairon a dalo todo. O comezo xa marcou a liña do encontro, cun Moraña moi concentrado e un Bamio que xa xeraba perigo dende o primeiro minuto.

A primeira ocasión foi local, no lanzamento dunha falta na frontal no minuto 5 que os nosos solventaron ben. O plantexamento do Moraña estaba adaptado ao campo, pequeno e moi «ratonero», buscando balóns á espalda da defensa do Bamio, que xogaba moi adiantada. O partido estivo trabado na súa salida, pero a partir do minuto 20, os nosos comezaron a dominar, combinando máis por dentro e xerando perigo na espalda dos laterales locais. Tivo Suso o 0-1 na súas botas, pero o seu disparo saleu moi cruzado. Quen sí o logrou foi Lucas, que aproveita o rexeitamento do porteiro tras un centro lateral para fusilar a portería do Bamio. Un misil ante o que nada puideron facer os defensas vilagarcianos. Con este 0-1 se chegou ao descanso.

No comezo da segunda parte o Bamio saliu en tromba en busca do empate, con maís corazón que cabeza. O Moraña foi entonándose e sacando o perigo de enriba con solvencia, e comezando a ter opcións de «matar» na contra. A chave do encontro estivo no minuto 70 da segunda parte, cando o árbitro pitou un penalti máis que discutible a favor do Bamio, que Anxo logrou deter.

Este foi un mazazo para os locais, pero lonxe de baixar os brazos, foron con máis folgos polo partido xogando con defensa de 3 e buscando un fútbol máis directo. As opcións de matar á contra dos nosos eran cada vez máis claras, pero non chegaba o segundo gol que daría a tranquilidade. Finalmente, case co pitido final, chegou este desexado 0-2. Unha gran contra sacada rápida dende atrás, Ferro encara portería e aproveitando o rexeite do porteiro tralo primeiro disparo, finaliza ben. Quedaban 5 minutos de desconto, e os puntos parecían que non se escapaban. Incluso houbo tempo para o terceiro, que tivo nas súas botas Pablo cun disparo moi lonxano que finalmente o meta local logrou deter.

Terceira victoria consecutiva do noso Primeiro Equipo, que nos achega aos postos de promoción de ascenso. Próxima parada, Salcedo. Ánimo e a por todas!!

Ficha Técnica

C.D. Bamio: Ramón, Pablo, Roberto, Iván, Jacobo, Cristian, Adrián, Conde, Samu e Gonzalo. Tamén xogaron Diego, Alexandro, Ricardo e Hamza,

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Roberto, Celso, Ferro, David Alexander, Castillo, Chima e Suso. Tamén xogaron David, Caba, Kapi, Xoel e Pablo.

Goles: 0-1 Lucas (min.42); 0-2 Ferro (min. 89).

Compárteo!

Deixa un Comentario