Primeiro partido da Categoría Benxamín do Moraña, xa pensando na vindeira tempada, no que ata sete xogadores Prebenxamíns foron a disputar o encontro. Esta vai ser a tónica de aquí ao final da Liga, xa que ao rematar a competición oficial dos Prebenxamíns, todos os xogadores de segundo ano desta categoría se van a incorporar a este equipo, para preparar xa o esqueleto do que será o Benxamín da vindeira tempada.

Pouco que salientar do encontro, no que a superioridade física era evidente, incluso xa dentro dos xogadores Benxamíns, nun Arcade con gran poderío físico. Eloy foi dosificando os esforzos dos rapaces, repartindo os minutos e comezando a sembrar para recoller no vindeiro ano. Ao descanso, o resultado era de 8 a 0, e ao final dos 50 minutos, 14 a 0.

Moito ánimo a este grupo, que ten unha oportunidade moi boa de ir adiantando os deberes para o que lle espera a partir de Setembro. A traballar moito e a dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Arcade 14 – 0 Moraña C.F.

C.D. Arcade: Diego, Borja, Adrián, Manuel, Mateo, Guillermo, Rodrigo, Pablo V., Iván, Eloy, Rubén, Sergio e Paulo O.
Moraña C.F.: Rubén, Saúl, Xabi, Raúl, Anxo, Jorge, Lucas, David G., David P., Alexandre, Aitor, Aleixo e Nico.
Goles: Mateo (4), Guillermo (3), Rodrigo (2), Diego, Adrián, Manuel, Pablo V., Iván.

Compárteo!

Deixa un Comentario