• Os nosos lograron remontar un partido que empezaron perdendo.

  • Con esta vitoria, o Moraña colócase 12º na clasificación.

Xornada 15 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña visitaba Gondomar para enfrontarse ao Chaín.

Podedes ver os vídeos dos momentos destacados ao final desta páxina.

Vitoria importantísima a domicilio con remontada. Un partido moi traballado que se puxo custa arriba no minuto 14 cun gol do Chaín. Os nosos non lle perderon a cara ao encontro e seguiron loitando por acadar o empate antes do descanso. Dispuxemos dalgunhas ocasións pero sen lograr materializalas. Co 1-0 chegábase ao descanso e quedaba todo por decidir na segunda metade.

Trala volta dos vestiarios, o Moraña por fin atopou o premio do empate logo de que Buceta cazara un rexeite dentro da área. Logrou conectar un bo disparo coa perna esquerda e puxo o 1-1 no marcador cando só se levaban disputados 10 minutos do segundo tempo. E 20 minutos despois Diego Pérez marcaba o noso segundo gol logo dunha xogada colectiva que culminaba cun disparo raso axustado ao pao. O Chaín puido empatar nun penalti ao seu favor, pero Carracedo atallou moi ben o disparo desde os once metros.

O vindeiro domingo tocaranos recibir a domicilio ao C.D. Arcade para disputar a 16ª xornada de liga.

FICHA TÉCNICA

C.C.D. Chaín: Iago Terrados, David Álvarez, Sergio Varela, Pablo Martínez, Yago Suárez, Miguel Arroyo (Diego Álvarez, 59′), Raúl Antolín, Jorge Rodríguez (Alberto González, 78′), Joaquín Piñeiro, Álex Mauro (Alejandro De Sousa, 65′) e Alberto Dacuña (Pedro Arroyo, 65′).

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Fernando R. Novegil (Jesús Losada, 70′), Leroy Ruegg (Víctor Calderón, 46′), David Dios (Moha El Hamdaoui, 70′), Álex Domínguez (Dani Fontán, 89′), Diego Pérez, Ángel Buceta, Roi González, Sebas Cores e David García (Josiño Pérez, 46′).

Goles: 1-0 Álex Mauro (min. 14) 1-1 Ángel Buceta (min. 55) 1-2 Diego Pérez (min. 75)

Árbitro: Amado Alonso, asistido por Alberto Bastos e Martín Pigueiras. Amonestou a Joaquín Piñeiro, Diego Álvarez e Alejandro de Sousa polo Chaín e a Fernando R. Novegil, Josiño Pérez e Moha El Hamdaoui polo Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario