As categorías máis cativas do Moraña C.F. participaron esta fin de semana pasada en sendos torneos nos que puideron desfrutar do fútbol, deixando unha boa imaxe e mostrando a súa evolución.

Os Biberóns participaron no torneo do Arosa F7 celebrado no recinto de Fexdega, nun formato Indoor, no que se xogaba coas paredes da pista. Os resultados que colleitaron:

  • Umia C.F 3 Moraña C.F 0
  • Moraña C.F 0 Celtiga C.F 7
  • Moraña C.F 0 Villagarcia C.F 11
  • Bertamirans C.F «B» 2 Moraña C.F 3

Aquí deixamos algunhas imaxes:

 

Os Prebenxamíns participaron no Torneo de Nadal organizado polo Caldas C.F. nas Corticeiras en formato de Fútbol 7. Deixaron moi boas sensacións, xogando en todos os partidos a un gran nivel. Xogaron catro encontros:

  • Celtiga 2-Moraña C.F. 0
  • Mosteiro 1-Moraña C.F. 3
  • Caldas B 0-Moraña C.F. 0
  • Caldas A 7 – Moraña C.F. 0

Aqui, algúns momentos deste Torneo.

Noraboa a estes dous equipos, a seguir traballando e moitísimas grazas dende o Moraña C.F. pola invitación tanto a Caldas C.F. como a Arosa F7.

Compárteo!

Deixa un Comentario