A categoría Biberón do Moraña C.F. aproveitou que se quedou sen partido na Liga de Poio, para xogar un amigable co Atlético Cuntis no Pavillón Municipal na mañán de onte.

Os xogadores dirixidos por Cabanelas no encontro deste sábado, xogaron un bo partido mostrando a súa evolución e mellora futbolística. Os dous equipos fixeron as delicias do público asistente, e firmaron táboas cun empate a 4 tras un encontro moi disputado.

Os nosos volven aos adestramentos o martes, para preparar o seguinte encontro na Liga de Poio que disputarán o vindeiro sábado. Moito ánimo e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 4 – 4 Atl. Cuntis

Moraña C.F.: Anxo, Marcos, Mauro, Mario, Hugo, Saul, David, Alex, Anton e Iago.

Goles: Álex (3) e Antón

 

Compárteo!

Deixa un Comentario