Os máis pequenos do Moraña C.F. volverona gañar este sábado na Liga de Poio, afianzando aínda máis o seu liderato na competición. Os Bibes venceron á A.X.D. Verdugo, nun encontro no que participaron todos os rapaces e nos que rápidamente puxeron terra de por medio ao marcar nos primeiros minutos Álex, Fer e Saúl.

Os nosos, facían unha presión moi forte en campo contrario, recuperando o balón arriba e finalizando sempre, salvo nun par de ocasións nos que o rival tivo opción de contraatacar, aínda que sempre resolveron ben e mantiveron a portería a cero.

Nova victoria e bo traballo dos Biberóns, que levan unha traxectoria moi boa nesta tempada. Agora a preparar o seguinte encontro e a seguir medrando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 13 – 0 A.X.D. Verdugo «B»

Moraña C.F.: Anxo, Mauro, Fernando, Alex, Anton, Saul, David e Hugo.

Goles: Alex (8), Mauro (2), Fer (2) e Saúl.

Compárteo!

Deixa un Comentario