Os nosos Bibes seguen imparables na Liga de Poio. Na mañán de onte, xogaban a 9ª Xornada da Competición, no Pavillón de Lourido ante o Figueirido C.F. Os peques continúan na senda da victoria, realizando un gran encontro e dominando claramente ao seu rival durante todo o partido.

Co pitido final, resultado de 11 a 0, con 8 goles de Álex e un de Antón, Fer e Saúl. Bo traballo dos máis pequenos da familia. A seguir traballando e a dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 11 – 0 Figueirido C.F.

Moraña C.F.: Marcos, Fernando, Antón, Álex, Saúl, David, Hugo e Iago.

Goles: Alex (8), Antón, Fer e Saúl.

Compárteo!

Deixa un Comentario