A categoría Benxamín do Moraña C.F. disputaba na mañán de hoxe un apaixoante derbi ante o Atlético Cuntis no campo de O Buelo. Os pupilos de Eloy, unha vez máis loitando contra todo (baixas, plantilla curta…), fixeron un bo partido, mostrando melloría nalgúns aspectos e comentendo todavía erros que se deben ir correxindo.

O equipo mantívose unido e pelexando durante todo o encontro, sen baixar os brazos, e incluso lograron igualar o tempranero gol de Andrés co gol de David que puxo o 1 a 1 no marcador. Pero paulatinamente, a diferencia de profundidade de plantilla (o Cuntis viaxou con 14 xogadores) fixo que o cansancio fixera mella e o Cuntis puxera terra de por medio.

O resultado ao final dos 50 minutos foi de 1 a 9 para os cuntienses.

Unha vez máis, noraboa a este equipo, formado por xogadores valientes e que nunca se dan por vencidos. A seguir pelexando e traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 9 Atlético Cuntis

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Hugo, Raúl, Anxo, Jorge, David, Alexandre, Aitor e Rubén.

Atlético Cuntis: Adrián, Breixo, Samuel, Fabio, Antón, Eloy, Alejandro, Iván, Andrés, David, Adrián, Óscar, Jose e Brais.

Goles: 0-1 Andrés (minuto 3); 1-1 David (minuto 4); 1-2 Jose (minuto 8); 1-3 Oscar (minuto 11); 1-4 Alejandro (minuto 19); 1-5 Iván (minuto 20); 1-6 David (minuto 31); 1-7 Antón (minuto 40); 1-8 Adrián (minuto 44); 1-9 Iván (minuto 49)

Compárteo!

Deixa un Comentario