Os nosos Benxamíns recibían na mañán de hoxe ao Arosa S.C. na sétima xornada de Liga. Para buscar o «máis difícil todavía», uniuse á curta plantilla coa que contan, con 2 baixas por lesión e a de Brais por neumonía, polo que tiveron que tirar de ata 5 xogadores de categoría Prebenxamín.

Nada que reprocharlle a estes bravos xogadores, que deron a cara durante todo o encontro e loitaron sin descanso por sacar un resultado o máis positivo posible. Destacamos o gran traballo de todos os xogadores, e a gran aportación dos máis pequenos, que se enfrontaban a rapaces dous anos maiores. Rubén xogou todo o encontro na portería, deixando paradas de alto nivel, e David Piñeiro fixo o gol dos morañeses, que foron ao descanso perdendo 1 a 4.

Dende o clube, unha vez máis, a darlle ánimo a estes rapaces e a felicitalos polo seu traballo. A seguir pelexando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 9 Arosa S.C.

Xogaron polo Moraña C.F.: Ruben, Jorge, Aday, Xabi, Anxo, David, Raúl, David Piñeiro, Lucas, Aleixo,  Alex e Aitor.

Gol: David Piñeiro

Compárteo!

Deixa un Comentario