A categoría Benxamín do Moraña, afrontou na mañán de onte a 23ª xornada de Liga, recibindo no Buelo ao C.D. Ribadumia. Os morañeses, unha semana máis, tiveron que loitar con baixas e coa plantilla curta, e outra vez dous Prebenxamíns viñeron a axudar: Xabi e Aitor.

Romperon cedo os visitantes o encontro, facendo o primeiro nada máis comezar, e no minuto 9 o segundo. O terceiro de Pablo facía que os visitantes puxeran terra de por medio, pero Jorge recurtaba xusto antes do descanso.
Nos segundos 25 minutos, o aspecto físico volveu ser chave, e segundo as forzas ían fallando, os de Ribadumia aumentaban a conta, ata o 1 a 7 final.

Bo traballo dos benxamíns, que seguen a pelexar contra todas as adversidades semana a semana. Unha xornada máis, todo a forza e admiración por parte do clube por estes valentes. E grazas aos prebenxamíns que viñeron aportar e desfrutarona experiencia. Ánimo e a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.1 – 7 C.D. Ribadumia

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Xabi, Raul, Anxo, Jorge, David, Alex e Aitor
C.D. Ribadumia: Yago, Anxo, Sergio, Roi, Víctor, Enrique, Pablo, Lucas, Adrián, Lucas Castro, Pablo, Rubén e Mauro.

Goles: 0-1 Pablo (min.1); 0-2 Xabi p.p. (min. 9); 0-3 Pablo (min.20);1-3 Jorge (min. 24);1-4 Lucas (min.32); 1-5 Lucas (min. 34); 1-6 Adrián (min.39); 1-7 Roi (min. 42)

Compárteo!

Comentarios Pechados.