A categoría Benxamín do Moraña C.F. recibía na mañá do sábado ao Salgueiriños no Buelo na disputa da 17ª Xornada ligueira. Os pupilos de Eloy Rodríguez xogaron un gran partido, con momentos de bo fútbol e intensidade, pero con outros momentos no que as desconcentracións e desaxustes dan facilidades ao rival.

Malia a todo, moi bo traballo deste equipo, dando a cara e pelexando durante os 50 minutos e con opcións de marcar máis dun gol ademáis do marcado por David nunha moi boa xogada do equipo morañés.

Noraboa e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 6 Salgueiriños C.F.

Moraña C.F.: Brais, Hugo, Raúl, Anxo, Jorge, Lucas, David, Alexandre, Saúl e Pablo

Salgueiriños C.F.: Hugo, Nicolas, Máximo, Pablo, Rodrigo, Miguel, César, Daniel, Pablo, Manuel, Álvaro, Pablo García, Marcos.

Goles: 0-1 Rodrigo (minuto 1); 0-2 César (minuto 11); 0-3 Pablo (minuto 23); 0-4 Daniel (minuto 24); 0-5 Máximo (minuto 26); 1-5 David (minuto 37); 1-6 Marcos (minuto 40)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario