Os Benxamíns recibiron na mañán de onte ao Caldas C.F. no Buelo, no primeiro dos varios derbis que viviu a base do Moraña C.F. nesta xornada. Os pupilos e Eloy xogaron un gran partido, no que participaron tando os Benxamíns dispoñibles como os reforzos Prebenxamíns: todos realizaron un boisimo traballo.
O equipo traballou ben na fase defensiva, logrando incluso igualar o gol inicial de Rubén co empate de David no minuto 8. Roi puxo por diante ao Caldas xusto antes do descanso.
Nos segundos 25 minutos, o Caldas logrou aumentar a conta ao 1 a 4 final, con outro gol de Roi e un de Juan D.
Bo traballo destes xogadores, realizando un dos mellores partidos da tempada. A seguir medrando e traballando nesta liña!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 4 Caldas C.F.

Moraña C.F.:Brais, Saúl, Pablo, Lucas, Raúl, Anxo, Jorge, Aday, Darío, David G., David P., Álex, Rubén e Aleixo.

Caldas C.F.: Gael, Juan, Daniel, Juan D., Sebastian, Lucía, Iker, Rubén, Sergio e Roi.

Goles: 0-1 Rubén (min. 4); 1-1 David (min. 8); 1-2 Roi (min. 16); 1-3 Roi (min. 27); 1-4 Juan D. (min. 40).

Compárteo!

Comentarios Pechados.