Os nosos Benxamíns recibían hoxe no Buelo ao San Martín C.F. na 13ª xornada de Liga. Os pupilos de Eloy presentáronse con baixas a este encontro, pero con dous reforzos de expeción dos prebenxamíns dispostos a axudar.

O San Martín mostrouse como un gran equipo, deixando o encontro resolto antes do descanso, ao que se chegou co resultado de 1 a 5, marcando o gol da honra Aday. Tralos 50 minutos, o resultado final foi de 1 a 12.

Bo traballo dos Benxamíns a pesar das circunstancias. Moito ánimo a este equipo, que seguen a competir e a dar o máximo nos adestramentos e partidos. Unha vez máis dende o Clube, noraboa e a seguir traballando con ilusión!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 12 San Martín C.F.

Moraña C.F.: Rubén, Hugo, Raúl, Anxo, Jorge, Aday, Aarón, David, Saúl, Alexandre e Aitor.

San Martín C.F.: Daniel, Antonio, Óscar, Yeray, Ángel, Sergio, Nicolás, Agustín, Carlos, Mikel, Breixo.

Goles
Moraña C.F.
(15′) ADAY

San Martín C.F.
(7′)  CARLOS
(9′) SERGIO
(10′) NICOLAS
(22′) AGUSTIN
(25′) AGUSTIN
(27′) CARLOS
(29′) AGUSTIN
(35′) YERAY
(36′) YERAY
(37′) YERAY
(39′) CARLOS
(42′) YERAY

Compárteo!

Deixa un Comentario