Moi bo partido o xogado no dia de onte polo noso equipo Benxamín, que paso a paso vai medrando e demostrando que pode competir. Visitábanos na oitava xornada de Liga o C.D. Arcade.

O equipo dirixido por Eloi Pérez, unha vez máis tiña que facer fronte ás dificultades da plantilla e ás baixas para este encontro, tendo que convocar a dous xogadores de categoría Prebenxamín.

IMG_20151107_104738A pesares do resultado final, o partido non tivo dominador claro case en ningún momento, e a chave do encontro estivo no acerto de cara a gol. Os de Arcade aproveitaban as súas ocasións case sempre, e os morañeses dispuxeron de ata 5 claras que desbaratou un inspiradísimo Diego, porteiro do C.D. Arcade, que fixo un partidazo.

Na primeira parte, o equipo comezou ben, centrado e movendo ben ao rival, e defendendo o mellor que podían ante un equipo con varios xogadores habilidosos. O equipo só tivo un baixón claro no último tramo da primeira parte, onde o aspecto físico foi chave, e encaixaron 3 goles que fixeron moito dano.

Na reanudación, o equipo saleu máis entonado, e competiu a un gran nivel, sendo a chave unha vez máis a mala sorte nos metros finais, na que o porteiro visitante estivo inmenso. Ao final dos 50 minutos, 0-6 foi o resultado, demasiado abultado para o visto e sen o premio do gol para os morañeses que sí foron merecedores de, polo menos, marcar.

Felicitamos a este grupo de valentes, que seguen a pelexar contra vento e marea e que seguen a dar síntomas do principal obxectivo que teñen: medrar como xogadores. Unha vez máis, noraboa e a seguir traballando igual!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 0 – 6 C.D. Arcade

Moraña C.F.: Brais, David, Hugo, Anxo, Jorge, Aday, David G., Alexandre, Raúl e Rubén.

C.D. Arcade: Diego, Borja, Adrián, Manuel, Mateo, Guillermo, Rodrigo, Xoel, Iván, Rubén, Sergio e Pablo.

Goles:  Manuel, Mateo (2), Guillermo, Xoel e Iván.

Compárteo!

Deixa un Comentario