Os Benxamíns enfrontáronse ao Xuventude Cambados na quinta xornada de Primeira Benxamín na mañán de onte sábado no campo de O Buelo. Aos pupilos de Eloy, xa cunha plantilla curta de por si, sumóuselle a baixa de dous xogadores máis a última hora, polo que grazas a os dous prebenxamíns que foron convocados, contaban con 9 xogadores para afrontar este encontro.

A verdade que pese ás dificultades, o equipo realizou unha moi boa primeira parte, con momentos de bo fútbol, e traballando moi ben en equipo. O traballo defensivo era moi bo, e os morañeses gozaron de varias opcións nalgunha contra perigosa.

O maior hándicap neste partido para os Benxamíns foi a faceta física, ao contar soamente cun troco. O equipo pagou o derroche físico e o esforzo desta boa primeira parte, e no tramo final decaeu neste aspecto, o que aproveitou o Cambados para irse no marcador.

Moito ánimo para estes rapaces, que están dando a cara e pelexando en cada partido para mellorar paso a paso. A seguir dándolle duro!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 0 – 10 Xuventude Cambados

Xogaron polo Moraña C.F.: Brais, Aday, Jorge, Pablo, David, Raúl, Alex, Anxo e Dario.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario