Primeiro partido de Liga do noso equipo Benxamín, no que nos visitaba un dos mellores equipos da Categoría, o Portero 2000. Primeira pedra de choque para o equipo de Eloy Rodríguez, e un duro enfrontamento para comezar a tempada.

Para este partido, e como vai ser tónica durante esta tempada debido a que contamos cunha plantilla curta, tres xogadores prebenxamíns foron convocados para participar.

O partido comezou cun ritmo moi alto, cun Portero 2000 con intención de manter a posesión e xogar con moita amplitude, e un Moraña C.F. que lle tentaba pechar os espazos e salir á contra. Aguantouse o 0-0 durante os primeiros 10 minutos con ocasións para os dous equipos. Brais desfixo un man a man cunha boa doble intervención, e Raúl tivo o 1-0 cun lanzamento de falta que se marchou por pouco.

No minuto 11, os pontevedreses abriron o marcador, rematando o unha fermosa xogada por banda esquerda cun centro medido que o dianteiro rematou espectacularmente de primeiras. O segundo chegou 3 minutos despois e este foi un duro varapalo para os morañeses, que perderon a concentración neste último tramo da primeira parte, para chegar ao descanso 0-4.

Trala charla dos adestradores, a segunda parte comezou coa mesma tónica, se ben os morañeses plantaron máis cara durante os primeiros minutos. Co 0-6 no marcador, os xogadores do Portero 2000, vendo a victoria cercana, relaxáronse un pouco, e merced a eso viviron os nosos rapaces os seus mellores minutos, incluíndo o gol da honra, marcado por David.

Ao final do tempo regulamentario, 1-8 no electrónico e moito traballo por diante para os nosos Benxamíns. Moito ánimo a este equipo, que vai vivir un ano intenso de fútbol nunha boa categoría e onde teñen que ir aprendendo cada dia un chisquiño máis.

O vindeiro adestramento do equipo Benxamín será o martes ás 17:00 no Buelo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 8 Portero 2000

Xogaron polo Moraña C.F.: Brais, Aitor, David, Raúl, Jorge, Anxo, Alexandre, Aday, Aaron, Hugo, Xabi, Aleixo e David.

Gol: David

Incidencias: Primeira Xornada da Liga Benxamín. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento do abuelo de David (infantil) e Javi (senior) como se fixo en todos os partidos desta fin de semana.

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario