Os Benxamíns do Moraña C.F. sufriron na mañán de hoxe unha dura derrota fronte o Atlético Cuntis, que mostrou un nivel superior ao noso equipo e, sobre todo, un maior número de rapaces desta idade nesta categoría.

Os pupilos de Eloy mostraron melloría, pero aínda están lexos do nivel que poden dar baseándonos no seu potencial. Agardamos que pouco a pouco vaian progresando e mellorando os resultados.

O seu vindeiro adestramento, será o martes ás 17:00 no campo de O Buelo.

Compárteo!

Deixa un Comentario