Os Infantiles xogaban na mañán de onte en Outeiro-Perdecanai outro derbi máis nunha fin de semana chea de encontros deste tipo na nosa base. Os rapaces de Alberto non lograron sacar adiante o partido, aínda que se adiantaron por dúas veces. Fixo o primeiro David no minuto 12, pero empatou Isaac no 40.
No segundo acto, Edu no 57 volvía a encarrilar o encontro, pero Pablo no 60 volvía a empatar para o Barro. Cando parecía que o 2-2 ía a ser definitivo, na última xogada do encontro, o Barro se facía cos tres puntos en claro fóra de xogo que lamentablemente o árbitro non veu.
Nada que reprochar a este equipo, que xogou a un gran nivel, máis tendo en conta o desgaste da eliminatoria copeira do xoves. Ánimo e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Barro C.F. 3 – 2 Moraña C.F.

Barro C.F.:Martín (Alejandro min. 65), Juan, Rodrigo, Mario, Diego, Alejandro, Carlos (Lucía, min. 46), Isaac, Hugo e Pablo (Dani, min. 70).
Moraña C.F.: Iván, Isma, Sende, Cristian, Rubén (Isaac, min. 40), Pablo Fraga (Jorge, min. 52), Pereira, Edu, David, Raúl e Dani (Cela, min. 66).

Goles: 0-1 David (min. 12); 1-1 Isaac (minuto 40); 1-2 Edu (min. 57); 2-2 Pablo (min. 60); 3-2 Hugo (min. 80)

Compárteo!

Comentarios Pechados.