Os Infantiles continúan coa sua boa racha de resultados, logrando un empate moi traballado no Campo de San Breixo fronte ao Barro C.F.

Un partido moi traballado e duro, no que cada equipo dominóu unha parte. A primeira para o Barro e a segunda para o Moraña, aínda que a igualdade foi a tónica de todo o encontro.

Adiantáronse os nosos por dúas ocasións, por medio de Rubén cun lanzamento de falta, e de Raúl no minuto 27, pero tamén por dúas ocasións o Barro logrou igualar a contenda.

Bo traballo por parte deste equipo, que da un paso adiante na súa preparación de cara á Liga.

O vindeiro adestramento dos Infantile será o Martes ás 18:30 horas.

FICHA TÉCNICA

Barro C.F. 2 – 2 Moraña C.F.

Xogaron polo Moraña C.F.: Jorge, Rubén, C.Redondo, Jonathan, Isma, Pereira, David, Pablo, Edu, Dani, Raúl, e Juanma.

Goles: 0-1, Rubén, (minuto 1); 1-1 (minuto 5); 1-2 Raúl (minuto 27); 2-2 (minuto 53)

Compárteo!

Deixa un Comentario