Empate no derbi entre Barro C.F. e Moraña C.F. en Outeiro-Perdecanai disputado na tarde de hoxe. Ambos os conxuntos xogaron un partido moi igualado, no que en ningún momento a balanza se decantou para ningún dos dous lados.

O encontro comezou de xeito eléctrico, cun gol no minuto 3 de Capi. O dianteiro do Moraña recibiu de espaldas tras un saque de banda, foi gañando espazo ata buscar opción de disparo, e marcou de potente golpeo ao pao longo da meta de Dani. Con este 0 a 1 o Moraña daba o primeiro paso para sacar adiante o partido, pero só 3 minutos despois, un erro no despexe de Alberto, que deixa botar o balón habilita a Kevin para marcar de vaselina o empate.

A pesares de que os dous conxuntos pelexaron durante o resto do partido por levarse os puntos, o marcador non se moveu, e este empate a un foi o resultado final. Con este punto, os nosos suman xa 39, mantendo a terceira plaza e distancia co inmediato perseguidor (Romay) e o segundo (Poio) que se enfrontaron entre eles empatando tamén a un.

Moito ánimo e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Barro C.F. 1 – 1 Moraña C.F.

Barro C.F.: Dani, Antonio, Roberto, Ricardo, Fernando (Rubén, minuto 46), Cristian, Julio (Juan, minuto 89), Enmanuel (Víctor, minuto 66), Hugo, Manuel e Kevin (David, minuto 23)

Moraña C.F.: Caba, Martín, David, Alberto, Iago, Camacho, Julián, Miguel (Martín, minuto 46), Capi, Borja e Manu (Lorenzo, minuto 66).

Goles: 0-1 Capi (minuto 3); 1-1 Kevin (minuto 6).

Árbitro: Joel Calviño Hermida. Amonestou a Antonio (Barro C.F.), Alberto, Iago, David e Capi (Moraña C.F.) e expulsou a Rubén (Barro C.F.)

Compárteo!

Deixa un Comentario