Os Biberóns disputaron onte a 11ª Xornada na Liga de Poio, disputando un interesante derbi ante o Barro C.F. A pesar do resultado final, o encontro estivo bastante igualado durante varios minutos polo gran traballo do equipo de Barro. Abriu o marcador Saúl, aproveitando un rexeite do porteiro rival, e fixo o segundo Álex antes do descanso. O terceiro foi obra tamén de Álex, e co 0-3 chegamos ao descanso.
No segundo acto, o partido partiuse en varios momentos, gozando o equipo que exercía de local de varias ocasións en contraataques que os nosos bibes defenderon ben. Catro goles se lograron nesta segunda parte, dous máis de Álex e un máis para Saúl que firmaba un hattrick.

Noraboa aos Biberóns, que están a facer unha Liga espectacular. A seguir traballando nesta liña e a dalo todo no que lle queda á Liga.

FICHA TÉCNICA

Barro C.F. 0 – 7 Moraña C.F.

Moraña C.F.: Anxo, Mauro, Fernando, Saúl, Álex, Iago e David.
Goles: Saúl (3) e Álex (4)

Compárteo!

Comentarios Pechados.