A terceira foi a vencida, e os Xuveniles do Moraña C.F. acadaron onte a primeira victoria en Liga desta tempada. O equipo dirixido por Javi Gañán viaxaba a Chan de Santos para enfrontarse ao Barro C.F. na Xornada 3 da Liga Xuvenil, realizando un gran partido todos os membros do equipo.

Os nosos saíron fortes no comezo do partido, tentando estar moito máis ordenados, superando e correxindo os erros de partidos anteriores e buscando realizar unha forte presión colectiva. O equipo case non concedeu ocasións, e as que concedía, eran arranxadas sen ningún tipo de dúbida e buscando ser moi seguros.

O primeiro gol foi obra de Brais, que aproveitou unha confusión entre os centrais e o porteiro rival. Co un a cero se chegou ao descanso.

Tralo paso por vestiarios, a liña de traballo do equipo foi a mesma, buscando presionar, xogar ordenados e non permitindo ao Barro entrar no partido. Cela logrou o segundo gol nun gran pase ao espazo, á espalda da defensa na que se anticipa ao porteiro e marca a porta vacía.

Parecía que o partido estaba encarrilado, pero Gago ve a segunda amarela e ten que irse expulsado. Con 10 quedaba seguir pelexando ata o pitido final, que foron moi difíciles xa que entramos nun xogo que non nos beneficia.

Non logrou o Barro marcar aínda que tivo ocasións, pero unhas veces a solvencia defensiva e outras Jose (que realizou unha espectacular parada sobre a liña e pegada ao pao) desbarataron o perigo.

A pesares de estar con 10, o Moraña tivo opcións de pechar o partido, pero a precipitación non o permitiu. Ao final dos 90 minutos, os tres puntos viaxaron para Moraña.

Moito ánimo e noraboa aos xuveniles, a seguir traballando nesta liña.

FICHA TÉCNICA

Barro C.F. 0 – 2 Moraña C.F.

Barro C.F.: Iván, Borja, Aarón, José, Javi, Kevin, Juan Carlos, Tavo, Isma , Gorka, Pablo. Tamén xogaron Rubén, Poli, Remi e Uxío

Moraña C.F.: Jose, Donato, Manu, Álex, Iago, Gago, Brais, Leis, Javi, Fran, Joel. Tamén xogaron Damián, Cela, Pedro e Giago.

Goles: Brais e Cela.

Compárteo!

Deixa un Comentario