Unha fin de semana chea de bos partidos, condicionada pola celebración da Festa dos Milagres de Amil, que pasa varios partidos ao Venres.

  • Os Veteranos buscan a súa segunda victoria na Liga, enfrontándose ao Caroi en Carballedo. O encontro comezará o sábado ás 19:00 horas.
  • O Equipo Senior enfrontarase co Ponte Caldelas C.F., o sábado, as 20:00 horas no campo de O Buelo.
  • Os Xuveniles adiantan o amigable que iban a xogar o sábado ao Venres. Enfróntanse ao Ponte Caldelas C.F.  no Buelo a partires das 20:00.
  • Os Cadetes xogarán dous partidos esta fin de semana. O venres contra o Ponte Caldelas, ás 18:00 horas no Buelo, e o sábado contra o equipo infantil do Portero 2000 na Xunqueira 2 ás 18:00.
  • Os Infantiles reciben o sábado no Buelo a partires das 12:00 ao Ponte Caldelas C.F.
  • Os Alevíns viaxan a Vilagarcía, para enfrontarse co Vilagarcía C.F. no Berdón ás 12:30.
  • Os Benxamíns reciben ao Portero 2000 ás 10:30 no Buelo, no seu primeiro enfrontamento ligueiro.
  • Os Prebenxamíns, que ían a participar o domingo no Torneo de Ponte Caldelas, causan baixa do mesmo ao non poder reunir un número suficiente de xogadores.

Moita sorte a todos!!!

Compárteo!

Deixa un Comentario