Esta fin de semana, a excepción do equipo Prebenxamín e Biberón, todas as categorías do Moraña C.F. comezan a competición. Hai moitos e interesantes encontros:

  • Abren a xornada os Benxamíns, enfrontándose no Buelo na súa terceira xornada de liga á E.D. Arousa S.D. O encontro comezará ás 10:30 horas.
  • Os Alevíns xogarán a continuación o seu debut ligueiro contra o San Martín C.F., ás 12:00 no Buelo.
  • Os Infantiles viaxan a Zacande, para enfrontarse co C.D. Mosteiro tamén ás 12:00 para a primeira xornada da Liga Infantil.
  • Os Veteranos xogan en Marcón, contra o Marcón Atlético a súa cuarta xornada de liga. O encontro ten programado o comezo ás 16:15.
  • Os Xuveniles pechan a xornada de sábado co seu primeiro enfrontamento ligueiro, contra a E.D. Poio. No Buelo ás 20:00 horas.
  • Os Prebenxamíns daranlle a revancha ao Barro C.F. o Domingo ás 10:30 no Buelo. AÍNDA QUE ESTE PARTIDO AMIGABLE ESTÁ TODAVÍA POR CONFIRMAR.
  • Os Cadetes debutan ás 12:00 do domingo, ante o Armenteira C.F. no campo de O Buelo.
  • E o noso Primeiro Equipo viaxa a San Miguel, para enfrontarse no debut ligueiro ao Atlético San Miguel no Campo do Monte da Lomba a partir das 17:00.

Moita sorte a todos os equipos e a dalo todo!!

Compárteo!

Deixa un Comentario