Xa case pechando a tempada, estes son case os derradeiros encontros das categorías do Moraña C.F. que seguen en competición:

  • Os Prebenxamíns xogan Copa o xoves, no Municipal de Meis (Mosteiro) a partir das 19:30 horas.
  • Os Alevíns teñen liga o Sábado, xogando no Salgueirón ante o C.D. Arcade a partir das 11:00.
  • Os Infantiles teñen Copa tamén, neste caso o domingo no Buelo ante a S.C.D. Salcedo ás 12:00.

Ademáis destes encontros oficiais, os Biberóns e Prebenxamíns xogarán o domingo o Torneo de Iniciación ao Fútbol de Caldas, e o sábado os Pres o Torneo de Cuntis.

Biberóns pecharán tempada esta fin de semana trala disputa do Torneo, e Pres e Infantiles están a expensas do que aconteza nos seus cruces copeiros. Os Alevíns teñen aínda liga para a semana.

Moita sorte a todos.

Compárteo!

Deixa un Comentario