Deixámosvos nesta entrada todos os encontros que van a desputar as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana:
- Abren a xornada do sábado os Infantiles, que viaxan ata San Adrián, para xogar ante a E.F. Cobres a partir das 10:30 h.
- Ás 12:00 en Baltar de Arriba os Xuveniles enfróntanse ao Xuv. Sanxenxo.
- Os Benxamíns xogan no Municipal de Zacande ante o Mosteiro C.D. a partir das 12:30.
- Os Prebenxamíns viaxan a Outeiro Perdecanai para xogar ante o Barro C.F. O encontro será ás 16:00.
- Á mesma hora, os Alevíns xogan no Berdón ante a A.D. Arosa F7.
- O Primeiro Equipo traslada o seu encontro para o sábado, xogando nas Cachizas ante o Unión Dena ás 19:00.
- Os Biberóns, aplazan o seu encontro amigable ante o Cuntis para a vindeira semana. Estase a buscar un rival para esta semana, se se confirma notificarase.
- Por último, os Cadetes aplazan o seu encontro do domingo no Buelo ante o Xuv. Sanxenxo, para o martes ás 11:30.
Moita sorte a todos!!!