Último test de pretempada para o equipo Infantil do Moraña C.F., viaxando á localidade veciña de Cuntis para enfrontarse na Ran ao equipo local.

O partido comezou ás 10 da mañán, o que puido ser o motivo de que os nosos saliran bastante durmidos na primeira parte, que foi de claro dominio cuntiense e sen que os nosos rapaces puideran entrar en xogo. Malia a todo, o partido foi ao descanso cun 2-0 no marcador.

Na segunda parte, o Moraña C.F. meteuse moito máis no partido, convertíndose nun partido moito máis igualado. A chave estivo claramente á hora de «refrescar» aos equipos dende a banqueta, xa que fronte as baixas do noso equipo, e que Edu foi xogar aínda renqueante dun golpe, o Cuntis contaba con sete xogadores para facer recambios. Este feito fixo que eles acabaran moito máis frescos fisicamente.

Ao final dos 80 minutos, 5-2 no electrónico e un grandísimo esforzo o realizado polos nosos Infantiles neste encontro. Finaliza con este partido a preparación, o sábado comeza o bo.

FICHA TÉCNICA

Atlético Cuntis 5 – 2 Moraña C.F.

Atlético Cuntis: Carlos, Iván, Aboi, Yago, Anxo, Xabi, Xaco, Michel, Yoni, Álex e Juan. Tamén xogaron Alexis, Aleixo, Nico, Roi, Jose, Samu e Martín.

Moraña C.F.: Iván, Jorge, Isma, Pereira, Raúl, Rubén, Isaac, David, Sende, Dani e Pablo. Tamén xogou Edu.

Goles: Xabi 1-0 (minuto 22); Juan 2-0 (minuto 27); David 2-1 (minuto 45); Samu 3-1 (minuto 55); Jose 4-1 (minuto 69); Raúl 4-2 (minuto 78); Álex 5-2 (minuto 80).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario