Último amigable dos Biberóns antes de comezar o vindeiro sábado a Liga de Biberóns de Poio, viaxando á Cuntis para xogar co equipo local no Pavillón Municipal.

Novo paso adiante na aprendizaxe dos máis pequenos da casa, que pouco a pouco van mostrando melloría e medrando como futbolistas. Na mañán de hoxe, venceron ao equipo cuntiense por 4 goles a 6, facendo Álex os seis goles.

Noraboa a estes pitufos, que debutarán na Liga de Poio o vindeiro sábado ás 12:00 ante o Cativos 2.000. Moito ánimo e a darlle duro!!

Compárteo!

Deixa un Comentario