Os nosos Benxamins viaxaron na mañán do sábado ao Manuel Jiménez de Vilagarcía, para enfrontarse ao Arosa S.C. na 22ª Xornada. Os nosos rapaces afrontaban o encontro cos xogadores xustos, polo que Nico e David Piñeiro, do equipo Prebenxamín, viñeron botar unha man.

O encontro rompeuse cedo, ao poñerse por diante por 3 a 0 os vilagarcianos no minuto 4. Os nosos pelexaron durante os 50 minutos para evitar que a diferenza medrara, pero segundo pasaban os minutos, os goles foron caendo. Lograron frenar as embestidas locais en varias ocasións cunha boa defensa, facendo Brais algunha parada de mérito. Ao descanso chegouse co resultado de 5 a 0.

Nos segundos 25 minutos, a intención clara dos nosos era seguir defendendo e tentar buscar o gol. Logrouse este obxectivo case no último suspiro, cando nunha boa contra do Moraña, David marcaba.

Ao final dos 50 minutos, o resultado foi de 10 a 1. Bo traballo dos Benxamíns, que seguen a pelexar día a día ante os mellores xogadores da categoría da zona. Agradecemento tamén aos dous xogadores Prebenxamíns que viñeron aportar neste encontro, que viviron una experiencia moi útil coñecendo xa a categoría que lles agarda na vindeira tempada.

Ánimo e a seguir loitando!!

FICHA TÉCNICA

Arosa S.C. 10 – 1 Moraña C.F.

Arosa S.C.: Ramón, Martín, Pablo, Marcos, Hugo, Paulo, Pedro, Juan, Santiago, Nicolás, Alejandro.

Moraña C.F.: Brais, Jorge, Hugo, Raúl, Anxo, David, Álex, Saúl, Nico e David P.

Goles: 1-0 Juan (minuto 1); 2-0 Pablo (minuto 2); 3-0 Marcos (minuto 4); 4-0 Marcos (minuto 16); 5-0 Santiago (minuto 24); 5-0 Paulo (minuto 32); 6-0 Hugo (minuto 34); 7-0 Santiago (minuto 35); 8-0 Santiago (minuto 35); 9-0 Santiago (minuto 40); 10-0 Pedro (minuto 47); 10-1 David (minuto 50)

Compárteo!

Deixa un Comentario