• Os nosos ven como lle remontan un encontro que comezaron moi ben.

  • O encontro cambiou trala expulsión de Novegil.

Visita á Queixeira de Arnoia para enfrontarse ao equipo local na 27ª Xornada desta Liga de Preferente Sur. Xa coa tempada avanzada e coa necesidade de puntuar, os nosos saíron moi enchufados a este encontro, logrando adiantarse no minuto 9 por medio de Pablo Cancela rematando un gran centro de Marcos. Este gol foi gasolina para o motor dos nosos, que xogaron a un ritmo altísimo e competindo a gran nivel. Incluso tivemos o 0-2 nos pes de Hardy que se equivoca no último momento. Pero no minuto 43 o colexiado mostráballe o segundo cartón amarelo a Novegil pola protesta do penalti no que Alfredo poñería o empate. E xa no desconto desta primeira metade, Enrique poñía o 2-1. Un mazazo sicolóxico xusto antes do descanso.

Tralo paso polos vestiarios os nosos reorganizáronse para seguir no partido e buscar puntos. Loitaron a reo durante toda a segunda metade. A piques estivo Seydou de facer o 2-2, pero detivo Rui Felipe. Xa volcados no tramo final, o Arnoia aproveitou para sentenciar á contra cos goles de Lucas (min. 87) e Carlos (min. 91). Unha mágoa non sacar nada productivo, pero o traballo e o esforzo estivo aí.

Toca seguir: próxima parada o C.D. Pontellas o vindeiro domingo no Buelo. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

Atl. Arnoia:  Rui Felipe, Alfredo (Carlos, min. 86), Pablo (Gabriel min. 46), Dani (García, min. 63), Rubén (Lucas min.46), Sotelo, Edu, Marco, Adri (David, min. 60), Enrique e Gómez.

Moraña C.F.: Manu, Marcos, Carlos, Novegil, Aarón, Pablo Cancela, Seydou, Javi, Varo, Toral (Carlos, min. 86)e Hardy.

Goles: 0-1 Pablo Cancela (min. 9); 1-1 Alfredo (min. 44); 2-1 Enrique (min. 45+3); 3-1 Lucas (min. 87); 4-1 Carlos (min. 90+1)

Árbitro:  D. Antonio Domínguez, auxiliado por D. Eduardo Fragueiro e D. Amado Alonso. Amonestou a Pablo, Álex, Alfredo, Rubén, Dani e Gabriel polo Arnoia e a  Seydou, Varo e Carlos polo Moraña. Expulsou a Novegil por dobre cartón amarelo.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario