• O Arcade remonta por dúas veces.

  • Os nosos acumulan dúas derrotas seguidas por primeira vez na tempada.

Nova  e penúltima xornada de Liga tralo parón do Entroido, con visita ao difícil campo do Salgueirón. Un encontro que estivo cheo de emoción e alternativas, pero no que ao final os puntos quedaron na casa. Adiantouse o Moraña, por medio de Dyego dende os 11 metros no minuto 45, pero Lucas batía a Caba xusto antes do descanso.

Na segunda metade de novo os nosos se poñían por diante con gol de Salva (minuto 54) pero de novo o Arcade neutralizaba cedo a vantaxe ao marcar Agustín no minuto 59. Parecía que o empate 1-1 ía a ser o resultado final, pero case no último suspiro David Campos marcaba de penalti o definitivo 3-2.

Toca levantarse e seguir, coa última xornada da Liga Regular ante o Marcón. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

C.D. Arcade : Ángel, Marcos, Lucas, Víctor, Juan, Fernando, David, Javi, Agustín, Víctor e Aarón. Tamén xogaron Diego, Rubén, Josué, Adri e Edu.

Moraña C.F.: Caba, Salva, Fernando, Pablo Grande, David Grande, Dyego, Seydou, Ferro, Mateo, Luciano e Iván. Tamén xogaron Rubén, Manu, Anwaka, Chima e Joaquín.

Goles: 1-0 Dyego, penalti (min. 35); 1-1 Lucas (min. 42); 1-2 Salva (min. 54); 2-2 Agustín (min. 59); 3-2 David, penalti (min. 89).

Árbitro:  D. Pablo García auxiliado por D. Sergio Lorenzo e D. Brais Baltasar.

Compárteo!

Deixa un Comentario