• Novo empate dos nosos Senior.

  • Primeiro encontro da tempada no que non marcamos.

Só tres días despois do encontro ante o Marcón, o Moraña C.F. volvía a xogar. Esta vez nas Lampáns ante a S.D. Amanecer na 10ª xornada de Liga. Os nosos afrontaban o encontro con ganas e coa intención de seguir sumando para manter a pelexa polos primeiros postos.

Pese ás ocasións polas dúas partes, ningún dos dous conxuntos foi quen de finalizar, quedando o marcador final co 0-0 inicial. Ésta foi a primeira vez na tempada que o Moraña non foi quen de facer un gol, xa que en todos os encontros anteriores o fixera.

Con este empate sumamos 18 puntos, seguindo nos postos nobles da clasificación e a só dous do líder, o Unión Dena, que será o rival na vindeira xornada de Liga no Buelo. A preparalo con ganas!! Vamos Moraña!!

FICHA TÉCNICA

S.D. Amanecer: Cristian, Raúl, Francisco, Rubén, González, Diego, Nico, Martín, Manu, Alexandre e Ángel. Tamén xogaron Rodiño, Óscar, Xabi, Álvaro e Xabi.

Moraña C.F.: Manu, Salva, Iván Vidal, Andrés, Pablo Grande, Alberto, Seydoy, Edu, David, Ferro e Luciano. Tamén xogaron Caba, David Grande, Anwaka, Alex e Iván Goldar.

Árbitro:  D. F. Manuel González, auxiliado por D. Marcos García e D. Jose Rubén Burgos. Amonestou a Fran e Rubén polo Amanecer e a Seydou, David, Iván Vidal, Luciano (doble amarilla) e David Grande.

Goles:

 

Compárteo!

Deixa un Comentario