• Victoria importantísima nesta sexta xornada.

  • Agárdannos unhas últimas xornadas de infarto.

Antepenúltima xornada da Fase e viaxe complicada ao Federativo de Coia para xogar ante o Alertanavia. Antepenúltima etapa desta viaxe e na que non se podía fallar para chegar con todas as opcións aos derradeiros partidos. Enfronte un equipo que comezara mal a fase, pero que se estaba entonando nos últimos encontros, con dúas victorias e un empate.

O rival plantouse moi ben no encontro, adaptado ás dimensión do seu campo e movendo o balón con moito criterio. Os nosos responderon a esto con traballo e moita intensidade, buscando as súas opcións.

No minuto 10, unha mala saída de balón por parte dos nosos remata cunha falta perigosa que Pedro clava na escuadra de Manu. 1-0 e delirio local. Pero os nosos non baixaron os brazos e nunha gran xogada personal, Dyego vaise de varios contrarios para encarar e batir a Borja. Era o minuto 23 e o encontro comezaba de novo.

Antes do descanso, a desgracia cebábase co Moraña. Cholo doblaba un xeonllo e tiña que retirarse do encontro, entraba Álex no seu lugar. Agardamos que a lesión non sexa grave.

No comezo da segunda metade de novo o Alertanavia poñíase en vantaxe. Un erro nas marcas nun saque de banda acaba co 2-1 de Álvaro no minuto 55. Tocaba remar de novo, e así o fixeron os nosos. No minuto 64 de novo un incombustible Dyego fai unha gran xogada por banda para asistir a Mateo que poñía o 2-2. De novo empate e de novo a seguir loitando.

E a falta de 5 minutos para o final chegou o delirio: saque de córner de Álex que Seydou pon na área e de novo Dyego, o gran protagonista do encontro, marcaba de cabeza o 2-3 que nos daba tres puntos chave.

Con esta victoria e a falta só de dúas xornadas , o Moraña segue a estar en postos de ascenso. Pero a Clasificación todavía segue apretadísima e con opcións para varios equipos. A vindeira semana recibimos ao Goián C.F. no Buelo. Vamos!!!

Aquí vos deixamos todos os resultados que se deron no grupo nesta xornada:

Última estación:

FICHA TÉCNICA

C.P. Alertanavia: Borja, Fabio, Sergio, Pedro, Mario, Javi, Jorge, Pedro, Andre, Álvaro e Pablo. Tamen xogaron Mateo, Nikolaos, Hugo, Adrián e Rubén.

Moraña C.F.: Manu, Iván Vidal, Fernando, David Grande, Cholo, Dyego, Mateo, Seydou, David Dios, Ferro e Luciano. Tamén xogaron Isidro, Rubén, Álex, Pablo Grande e Joaquin.

Goles: 1-0 Pedro (min. 10); 1-1 Dyego (min. 23); 2-1 Álvaro (min. 55); 2-2 Mateo (min. 64); 2-3 Dyego (min. 84).

Árbitro:  D. David Veloso, auxiliado por D. David Sánchez e D. Rodrigo González. Amonestou a Fabio polo Alertanavia e a Rubén polo Moraña C.F.

Compárteo!

Deixa un Comentario