O PARTIDO DA XORNADA 3ª REXIONAL MORAÑA CF (3)-SD CAROI (1)
Vibrante partido o presenciado no Campo de Mirallos nunha tarde agradable e con terreo de xogo extraordinario para a práctica do fútbol.
O encontro foi trepidante desde o comenzo con dous equipos botados para adiante en busca do gol, sendo o Caroi moi perigoso nos contraataques pola velocidade dos seus atacantes.
Nembargantes foi o Moraña quen abriu a conta goleadora cando mediada a primeira mitade Ferrón de tiro axustado á base do poste enviou o balón ó fondo da rede. Reaccionaron os visitantes e moi pronto igualaron a contienda, poñendo o equilibrio no marcador, cheándo así ó descanso.
Na reanudación o partido cobrou novos folgos e chegou a xogada clave do encontro cando un xusto penalty sinalado a favor dos visitantes foi detido en axil estirada por Cabanelas, hoxe extraordinario, dándonos moitos folgos para ir en busca da victoria. E novamente o todoterreo Ferrón nunha xogada ensaiada de saque de banda aproveita un desvío para poñer en avantaxe ós morañeses cunha bolea dende dentro da área de meta rival. A nosa tranquilidade chegaría a falla de vinte minutos para o remate cando o debutante na Liga Damián realiza unha boa xogada persoal e de tiro cruzado coa esquerda pon o balón no fondo da meta adversaria.
A partir de ahí o Caroi estirouse pero non foi quen de batir a un inspirado Cabanelas moi ben secundado pola súa defensa e resto do equipo que fixo un gran traballo para dar ó Moraña CF unha merecida victoria sobre un rival moi cualificado, e que lle permite seguir nos postos altos da taboa clasificatoria.
Alineación do Moraña CF: Cabanelas, Lois, Iago, Martín, Toné, Juan (Jon), Ferrón, Matías (Santomé), Cristobal (Jesús), Alex (Julián) e Damián (Isaac).

RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓN

Terceira Rexional MORAÑA CF (3)-SD CAROI (1)
Domingo 2 de Decembro 16:00 h. Campo de Mirallos

Xuvenís UDSM DEIRO (0)-MORAÑA CF (3)
Sábado 1 Decembro 16:00 h. Campo Deiro

Cadetes EF SOUTOMAIOR (0)-MORAÑA CF(3)
Domingo 2 de Decembro 11:00 h. Campo de Soutomaior

Infantís ED AROUSA «B» (13)-MORAÑA CF (0)
Domingo 2 de Decembro 12:00 h. Campo Man. Jiménez (Vilagarcía)

Alevíns MORAÑA CF (7)-AD SAGRADO «B» (3)
Sábado 1 de Decembro 10:00 h. Campo A Chanciña Campolameiro

Benxamíns MORAÑA CF (0)-AD SAGRADO (7)
Sábado 1 de Decembro 10:00 h. Campo A Chanciña Campolameiro

Prebenxamíns MORAÑA CF (0)-SALGUEIRIÑOS CF (11)
Sábado 1 de Decembro 11:00 h. Campo A Chanciña Campolameiro

Veteranos 1ª División ESTRADENSE (3) – MORAÑA CF (2)
Sábado 1 de Decembro 16:30 Campo de Callobre

Compárteo!

Deixa un Comentario