Hoxe pola tarde, tiñamos programado un amigable entre o Moraña C.F. Xuvenil e a S.C.D. Ponte Caldelas, pero un erro por parte do coordinador do Marcón C.F. (co que temos programado un amigable o venres que ven) fixo que se tivera que improvisar un triangular entre estes tres equipos xa que os pontevedreses tamén se presentaron no Buelo

A verdade e que nin feito a propósito, porque a verdade é que este enfrentamento triangular fixo as delicias do público asistente e foi un grandísimo traballo de pretempada para os tres equipos. Decidiuse facer enfrontamentos de 35 minutos, con 5 minutos de descanso.

O primeiro partido enfrontou ao Moraña C.F. e ao Marcón, co resultado de empate a un. Foi moi disputado, con alternativas por parte dos dous equipos. O segundo encontro enfrontou ao Ponte Caldelas e ao Marcón C.F., e neste as defensas venceron ao ataque, e acabou co resultado gafas: 0-0. O campión definiuse no último encontro, entre o Moraña C.F. e o Ponte Caldelas. A victoria marchou para Ponte Caldelas, merced a un 0-1 con golazo de falta pola escadra incluído.

Como conclusión, boa solución que se lle deu a este malentendido, e bo traballo para os tres equipos, que marcharon encantados da realización deste triangular. Agradecemos a comprensión dos Xuveniles de todos os equipos pola situación, e desculpamos totalmente o descuido por parte do coordinador do Marcón, xa que ao final, o espectáculo valeu a pena.

O vindeiro adestramento dos xuveniles do Moraña C.F., será o martes ás 20:00 no Buelo.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario