• Encontro de ida e volta no que se impuxeron os locais

  • Un gol de penalti no último momento decidiu o partido

Sétima xornada de Liga, visita ao Racelo para enfrontarse a A Lama S.D. Un partido ao que o Moraña chegaba en dinámica positiva e cunha racha que buscaba continuar. Pero non puido ser. Malia todo, foron os nosos os que golpearon primeiro, cun gol de Ferro dende os 11 metros no minuto 32. Este 0-1 foi o resultado ao descanso.

Na segunda metade o encontro mantíñase igualado e sen movemento no marcador ata o último tramo, no que houbo un festival de goles. No 72 e no 74 Plácido dáballe a volta ao partido, poñendo en vantaxe 2-1 aos locais. Salva poñía a igualada só un minuto despois. E con este 2-2 que parecía definitivo, un penalti no último minuto de xogo transformado por Pablo, deixaba o electrónico no definitivo 3-2.

Toca levantarse e seguir traballando, rapaces. Próxima xornada,recibimos ao C.D. Arcade no Buelo.

FICHA TÉCNICA

A Lama S.D.: Soto, Santi, Alberto, Adri, Arturo, Pablo, Iván, David, Hugo, Luis e Héctor. Tamén xogaron Marcos, Pillado, Miguel, Emilio e Jose Carlos

Moraña C.F.: Isidro, Salva, Iván Vidal, Andrés, David Grande, Álvaro, Seydou, David, Ferro, Joaquín e Luciano. Tamén xogaron Pablo, Teije, Manu, Julián e Anwaka.

Árbitro:  D. Fernando González, auxiliado por D. Iago Caeiro e D. Javi Rey. Amonestou a Luis, Iván e Jose Manuel por parte da Lama e a David Grande,  Manu, Fabio e Seydou polo Moraña. Expulsou a Héctor pola Lama e a Andrés (doble amarela) por parte do Moraña.

Goles: 0-1 Ferro (penalti, min. 32); 1-1 Plácido (min. 72); 2-1 Plácido (min. 74); 2-2 Salva (min. 74); 3-2 Pablo penalti, min. 90)

Compárteo!

Deixa un Comentario