A categoría infantil do Moraña C.F. viaxou onte a Pontevedra, para enfrontarse á Juvenil de Lérez «B» na quinta xornada do campeonato ligueiro. O equipo de Alberto García, que viña de vencer a semana pasada, afrontaba o encontro con moita ilusión e ganas de levar para Moraña os puntos.

O encontro comezou cun ritmo trepidante, cos dous equipos volcados cara a portería rival, pero sen chegar a xerar ningún dos dous auténtico perigo. Foi a A.J. Lérez quen se foi facendo co encontro nesta primeira parte, e según avanzaban os minutos, ían xerando perigo na portería defendida por Jorge. Tívéronse que empregar a fondo os nosos en tarefas defensivas nestes minutos, xa que os pontevedreses buscaban moitos centros laterales cara a área e a a diferencia de tamaño os beneficiaba, porque a pesares de ser un «B», a superioridade física do Lérez era manifesta.

Cando a piques estaba a rematar a primeira parte, o Moraña logrou sacudirse esa presión, e aproveitando un balón morto, Rubén fixo o 0-1 cun gran golpeo dende fóra do área. Aínda tivo a A. J. a opción de empatar antes do descanso, pero primeiro o longueiro e despois un erro incompresible do dianteiro pontevedrés a portería valeira, fixo que marchasemos á caseta cunha victoria pola mínima para os nosos.

Na salida da segunda parte, o Lérez saíu con moita máis enerxía e intensidade, e logrou en só 5 minutos darlle a volta ao marcador por medio de Balboa e de Isaac, aproveitando dous centros laterales á area. Os infantiles vían como todo o traballo se ía en tan pouco tempo, pero non se viñeron abaixo e aumentaron a presión, pechando ao A.J. Lérez a partires deste segundo gol. Non se daban pechado as ocasións, sobre todo unha de Dani que fallou o infallable cando un pase de David o poñía para empuxar o balón a gol.

E como o que perdona, acaba pagando, o 3-1 chegou case a continuación, cun gran disparo de Soli dende fóra da área. Calquera equipo tiraría a toalla, pero os nosos infantiles, non son calquera equipo. No saque de centro, un gran balón largo cara Edu fixo que regatease ao porteiro e fixese o 3 a 2. Quedaban 6 minutos e os infantiles tentárono todo, aínda que sin sorte.

Gran partido dos nosos chavales, que si ven se viron castigados por erros puntuales, siguen xogando a un gran nivel e demostrando que todo o traballo que realizan, lles sirve para medrar como xogadores. Unha lástima non ter sacado alomenos un empate neste desplazamento, pero nada que reprocharlles. A seguir traballando co mesmo esforzo e ilusión.

 

FICHA TÉCNICA

A.J. Lérez «B» 3 – 2 Moraña C.F.

A.J. Lérez «B»: Huguito, Boullón, Pablo, Bea, Luis, Aga, Balboa, Isaac, Toño. Soli, Uveiria, Rafa, Chuches, Alvar, Aitor, Anxo.

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Isaac, Sende, Christian, Rubén, Pablo Fraga, Pereira, Edu, David, Pedro, Dani e Iván.

Goles: 0-1 Rubén (minuto 38); 1-1 Balboa (minuto 43); 2-1 Isaac (minuto 45); 3-1 Soli (minuto 72); 3-2 Edu (minuto 72)

Compárteo!

Deixa un Comentario