Os nosos Benxamins viaxaron no día de hoxe á Pontevedra, ao complexo deportivo do Príncipe Felipe para enfrontarse coa A.D. Sagrado na sétima xornada de Liga de Primeira Benxamín.

Ao curto da plantilla uníronse as lesión e as ausencias, polo que só 10 xogadores viaxaron a este encontro.

Os nosos pegaron primeiro, adiantándose 0-1 cun bo gol de David, pero foi un espexismo, xa que pronto os pontevedreses lle deron a volta ao marcador. O resultado ao descanso foi de 6 a 1.

Como lle ven acontecendo en encontros anteriores o feito de ter unha plantilla tan curta, fixo que o aspecto físico fose determinante, e según as forzas dos morañeses ían caendo, os goles en contra foron chegando. O resultado final foi de 16 – 1.

Nada que reprocharlle aos benxamíns, que seguen partido a partido dando a cara, enfrontándose a todas as dificultades e saíndo sempre con ilusión e gañas aos partidos e adestramentos. Todo o ánimo dende o Clube a estes rapaces, e agradecemento ao gran esforzo que están a facer. Sabemos que vai ser un ano duro, pero hai que empuxar e tirar para adiante.

A seguir pelexando!

FICHA TÉCNICA

A.D. Sagrado 16 – 1 Moraña C.F.

Xogaron polo Moraña C.F.: Brais, Nico, Aitor, Aday, Jorge, Álex, David, Raúl, Anxo e Aleixo.

Gol: David

 

Compárteo!

Deixa un Comentario