Adxuntamos comunicado que se lles envia aos socios do Moraña C.F., así como as BASES do seu funcionamento:
Estimado/a socio/a:
Poñémonos en contacto contigo para informarche algo que consideramos interesante e, polo tanto, debemos informarte. Dado que temos un Local insonorizado, e pensamos que ben dotado, sería unha pena non aproveitalo ao 100% . A Xunta Directiva, na Reunión celebrada o venres 23/11/12, estudou a posibilidade de explotar o Local Social do Club, seguindo as directrices do que, no País Vasco, chaman os TXOKO. Isto consiste en que, os socios do Moraña C.F., poidan utilizar o Local do Club para celebrar comidas, ceas, merendas, cumpreanos, … podendo invitar a que queiran, aínda que non sexan socios do Club. Unha das características principais, é que son os propios socios os que cociñan ou traen a súa comida feita.
Isto suporía que, ao MORAÑA C.F., o aluguer do Local sairíalle por un prezo baixo e incluso gratuíto, dependendo de como resulte esta idea. Para poder usalo deberase pagar unhas cotas, e haberá as seguintes opcións:
- COMIDAS E CEAS:
2 € por persoa (Mínimo de 15 persoas ou 30 €)
- COTAS
Limpeza do Local (por parte do socio que alugou o Local)
- Nota.- Os nenos/as menores de 12 anos quedarían exentos do pago da cota dos 2 €.
2 € por persoa (Mínimo de 15 persoas ou 30 €).
- COTAS
1,5 € por persoa (Para limpeza, se deciden que o limpe o Club).
- Nota.- Os nenos/as menores de 12 anos quedarían exentos do pago da cota dos 2 €, pero si pagarían parte correspondente da limpeza
- MERENDAS E CUMPREANOS:
Cota fixa de 20 €
A. COTAS
Limpeza do Local (por parte do socio que alugou o Local)
Cota fixa de 20 €
- COTAS
1,5 € por persoa (Para limpeza, se deciden que o limpe o Club).
- MEMBROS E CATEGORÍAS DEPORTIVAS DO CLUB :
Non pagarían cota
A. COTAS
Limpeza do Local (por parte do equipo ou membros do Club que usen o Local)
Non pagarían cota
- COTAS
1,5 € por persoa (Para limpeza, se deciden que o limpe o Club).
- Nota.- No 3º apartado estarían incluídos: Directiva, Técnicos e calquera das categorías do Club. Quedarían exentos do pago da cota dos 2 €, pero si pagarían a cota correspondente da limpeza.
- COMO TERÍA QUE FACER QUEN QUEIRA ALUGAR O LOCAL?
– Luns a xoves: merendas ou cumpreanos. Tamén se podería facer o fin de semana dependendo da disponibilidade do Local.
CALENDARIO Venres : Comida ou Cea
– Fin de semana Sábado : Comida ou Cea
Domingo: Comida ou Cea.
- Nota.- Poñemos comida ou cea, porque se o Local estivese ocupado por unha comida, dificilmente se podería celebrar, nese mesmo día, unha cea; dado que o Local hai que deixalo limpo e non daría tempo.
ü Poderán facerse no Local, de Luns a Venres de 19:30 a 21:00 horas.
ü Tamén nos Tels. 986 553 092 ou 646 122 270.
RESERVAS
ü Deberán facerse as reservas con 15 días de antelación á data de uso.
ü A prioridade será por data de reserva.
RESPONSABILIDADE.-A persoa que alugue o Local será a responsable do pago aluguer + limpeza + calquera deterioro que houbese polo mal uso.
CAPACIDADE DO LOCAL: 60 PERSOAS
IMPORTANTE.- O uso do local estará rexido por unhas normas de obrigado cumprimento. Estas normas estarán expostas no taboleiro do Local do CLUB. Se estás interesado en usalo, aconsellamos que pases antes polo Local e te informes destas normas. Sabes que o Local está aberto de luns a venres de 19:30 a 21:00 horas ou chamando aos Teléfonos 986 553 092 ou 646 122 270.
Non habendo máis novas que comunicarche aproveitamos para saudarte.
Moraña 26 de Novembro de 2.012
A Directiva
NORMAS SOBRE O FUNCIONAMENTO
- QUEN PODE ALUGAR O LOCAL?
SOCIOS DO MORAÑA C.
XOGADORES DO MORAÑA C.F.
- USUARIOS XOGADORES E PAIS DA ESCOLA DEPORTIVA
DIRECTIVOS, ADESTRADORES E DELEGADOS
(CALQUERA DOS USUARIOS PODERÁN INVITAR A FAMILIARES E AMIGOS)
- DÍAS E ACTIVIDADES QUE SE PODEN FACER?
DÍAS DA SEMANA | ACTIVIDADE |
LUNS A VENRES | COMIDAS + CEAS + MERENDAS + CUMPREANOS |
VENRES | CEAS (Merendas e Cumpreanos se está sen alugar) |
SÁBADO | COMIDAS + CEAS (Merendas e Cumpreanos se está sen alugar) |
DOMINGO | COMIDAS + CEAS (Merendas e Cumpreanos se está sen alugar) |
- CUSTO E HORARIOS
HORARIOS E PREZOS | |||
ACTIVIDADE | € / Persoa | MÍNIMO | HORARIO TOPE |
MERENDA | 20 € FIXO e ÚNICO | NON HAI | 20:30 HORAS |
COMIDA | 2,00€/PERSOA | 30 € | 21:00 HORAS |
CEA | 2,00€/PERSOA | 30 € | 2:00 HORAS |
- LIMPEZA LOCAL+UTENSILIOS USADOS
- XERALMENTE, FARANA OS PROPIOS USUARIOS.
- No caso de que non a fagan e queiran que sexa o Club, deberán pagar as seguintes taxas:
LOCAL | €/COMENSAL | MÍNIMO |
LIMPEZA | 1,50 €/PERSOA | 15 € |
- RESERVAS E RESPOSABILIDADE
ü Poderán facerse no Local, de Luns a Venres de 19:30 a 21:00 horas.
ü Tamén nos Tels. 986 553 092 ou 646 122 270.
- RESERVAS
ü Deberán facerse as reservas con 15 días de antelación á data de uso.
ü A prioridade será por data de reserva.
- RESPONSABILIDADE.- A persoa que alugue o Local será a responsable do pago + limpeza + calquera deterioro
que houbese polo mal uso do mesmo.
- BEBIDAS
- Ø CONSUMO DE BEBIDAS SERÁ DO OFERTADO NO LOCAL.
- Ø SEGUNDO LISTA DE PRECIOS.
- Ø CUBRIRASE IMPRESO DE CONSUMO.
- Ø A ÚNICA BEBIDA QUE SE PERMITE INTRODUCIR NO LOCAL É O VIÑO.
- 7. FORMA DE PAGO
- OS PAGOS FARANSE AO CONTADO, AO DÍA SEGUINTE DO USO DO LOCAL,
PREVIA COMPROBACIÓN DA LIMPEZA E DO CONSUMIDO.