O Moraña C.F. comunica o procedemento mediante o cal se desenvolverá o sistema electoral, ao tempo que comparte a convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria. Así mesmo, poñemos a disposición dos socios e socias a documentación e o comunicado completo relativos á convocatoria da Asemblea Xeral Extraordinaria, que poderán consultarse na seguinte ligazón:
Consulta aquí o comunicado e documentación da Asemblea Xeral Extraordinaria
Procedemento electoral
A mesa electoral estará presidida por 4 persoas sen vinculación nin implicación con ningunha das candidaturas, que serán:
- Os/as 2 socios/as máis novos/as presentes na Asemblea Xeral.
- Os/as 2 socios/as de maior idade presentes na Asemblea Xeral.
- As persoas integrantes da mesa electoral deberán estar presentes o día 5 ás 17:30 h, co fin de proceder á súa constitución e organización do proceso de votación.
- As candidaturas deberán presentarse formalmente mediante correo electrónico ao enderezo do club (moranhafutbol@gmail.com), indicando o nome da persoa candidata á presidencia e das persoas que formarán parte da Xunta Directiva.
- Unha vez presentadas as candidaturas, elaboraranse as papeletas de votación, que serán as utilizadas polos socios e socias para exercer o seu dereito ao voto. Animamos a todos os socios e socias a participar e exercer o seu dereito ao voto, lembrando que este corresponde exclusivamente ás persoas socias que teñan a súa cota ao día con data 17/05/2026.
Os socios e socias poderán consultar os seus datos persoais e o estado do seu carné o día 04/06/2023, en horario de 19:30 a 21:00 horas na sede do club (Santa Lucia Rúa Once, núm. 3 -36.660 Moraña).
Para exercer o dereito a voto, será obrigatoria a presentación do carné de socio ou do DNI.
Grazas pola vosa atención, implicación e colaboración.