Dende fai unhas semanas incorporouse ó cadro técnico do Moraña C.F. Toño Pana que desenvolverá funcións como adestrador dos porteiros do noso clube.
Toño ademáis de ter pasado como gardameta en fútbol base, é un acreditado especialista na materia, coa titulación oficial de Adestrador de Nivel 1, responsable técnico da Escola de Fútbol Portero 2000 no seu apartado da Área Técnica de Porteiros, e un amplo curriculum deportivo no que cumple destacar o seu traballo cos porteiros do Marín CF, Rápido de Bouzas e San Adrián en categorías de maiores, e colaboracións cos equipos de base do Salgueiriños CF, Pontevedra CF, Bora CF … etc.
Ten moita experiencia como profesor dos Campus de Porteiros que se celebran en época estival na nosa provincia.
Os Adestramentos serán no Campo de Mirallos, os Lunes de acordo ó seguinte programa:
De 19:00 a 20:15 horas PORTEIROS DE FÚTBOL 8
Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns.
De 20:15 a 21:30 horas PORTEIROS DE FÚTBOL
Infantís, Cadetes, Xuvenís e Aficionados.
Compárteo!