Co empate colleitado hoxe no Monte da Mina ante o Rácing Castrelos F.C. o Moraña segue a escribir unha nova páxina na súa historia. Se a semana pasada certificabamos o noso ascenso á Preferente, na tarde de hoxe con este empate case na bocina (minuto 87) que fixo Seydou, o Moraña foi quen de acadar o seu terceiro título ligueiro. E o máis importante, terceiro título en tres categorías distintas.
Súmase esta liga ás acadadas no histórico ascenso da 07/08 e á de Segunda Autonómica que levantamos na 18-19. Con este resultado, o Rácing Castrelos F.C. é o equipo que acompañará ao Moraña na Preferente o ano que ven, ao caer o Alerta Navia ante o Atlético Cuntis.
Dende o Moraña C.F. queremos darlle a noraboa ao Rácing Castrelos polo ascenso e felicitar a todos os equipos implicados nesta fase, que loitaron e pelexaron a reo facendo desta, unha competencia durísima e moi igualada.
Estes foron os resultados da última xornada:
E a clasificación final:
Vamos Moraña!!!!!!!