Deixamos nesta entrada os resumes de todos os partidos que xogaron as categorías base do Moraña C.F. esta fin de semana.

BIBERÓNS 4 – 1 C.D. SOUTOMAIOR

Tralo parón de Nadal, os nosos Biberóns retomaron a competición na Liga de Poio, onde acadaron este sábado unha nova victoria. Esta vez os nosos bibes venceron ao C.D. Soutomaior por 4-1, con dobletes de Saúl e de Anxo, o que os pon nunha boa situación na clasificación e que ademais pon de manifesto o bo traballo do seu adestrador, Álex Casal.

Os nosos bibes seguen medrando paseniño semana a semana. A seguir así e a dalo todo!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Saul, Anxo, Lucas, Jorge, Alba, Eric, Hugo De La Torre, Hugo Mouro, Iago e Héctor.

Goles: Saúl (2) e Anxo (2)

FIGUEIRIDO C.F. 1 – 6 PREBENXAMÍNS

Os Prebenxamíns seguen con paso firme nesta segunda fase da súa Liga, ao acadar unha nova victoria esta xornada. Os rapaces de Kevin afianzaron o seu liderato nesta competición ao vencer a domicilio ao Figueirido C.F. A pesares do amplo do marcador, o encontro non se decantou claramente a favor dos nosos ata os segundos 25 minutos, xa que o resultado ao final do primeiro tempo era de 0-1.

Nesta segunda parte foi onde os nosos deron o callo e lograron poñer distancia no electrónico ata o resultado final de 1 a 6. Noraboa aos nosos Pres, que están firmando un ano espectacular. A seguir nesta liña de traballo e a seguir pelexando.

FICHA TÉCNICA

Figueirido C.F.: Xulia, Hugo, Jorge, Fabián, Alberto, Jorge, Luis, Pedro, Tomás, Hugo, Raúl, Breixo, Mateo e Sela.

Moraña C.F.: Lois, Joel, Xoel, Fernando, Antón, Mauro, Mario, Roi, Iago e Pedro.

Goles: Xoel (2), Iago, Mario, Fernando e Mauro de penalti

BENXAMÍNS 1 – 4 E.F.B. CANGAS

A categoría Benxamín recibía no campo de O Buelo na mañán do domingo nun interesante encontro no que se xogou de poder a poder. Os nosos fixeron un bo traballo, se ben non foi suficiente para doblegar aos cangueses.

Adiantou cedo Jesús ao Cangas, no minuto 4 e Dani no 14 puxo o 0-2. Este foi o resultado co que se chegou ao descanso. Nos segundos 25 minutos, os rapaces de Eloy sairon a tentar darlle a volta ao encontro, pero outro gol no principio do tempo (Dani, min. 28) poñía as cousas máis difíciles. Os nosos non baixaron os brazos e David no 34 recurtaba diferencias. O 1-3 campeou no marcador case toda a segunda parte e parecía o resultado definitivo, pero case co pitido final, Ángel facía o cuarto para os visitantes que deixaba o resultado final en 1-4.

Bo traballo dos Benxamíns, a seguir traballando e pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Darío, Hugo, Lucas, Anxo, Aleixo, Alex, David, Nico, Rubén, Xabi, Iker, Ethan e Jonathan.

E.F.B. Cangas: Javi, Roberto, Iván, Raúl, Gabriel, Jorge, Ángel, Dani, Jesús e Xián.

Goles: 0-1 Jesús (min. 4); 0-2 Dani (min. 14); 0-3 Dani (min. 28); 1-3 David (min. 34); 1-4 Ángel (min. 49)

ALEVÍNS 1 – 3 MEAÑO F.C.

Derrota dos Alevíns no Buelo na mañán do Sábado, nun vibrante encontro moi igualado e no que só as individualidades fixeron as diferenzas.

O encontro comezou cun ritmo de xogo altísimo, con moitísima intensidade e cos visitantes un chisco máis entonados. Foron os primeiros minutos moi emocionantes e extenuantes para os xogadores, xa que o partido era de ida e volta, xerando perigo os dous equipos pero sen definir. Tivo o primeiro David nunha boa presión na que recupera o balón, pero no man a man Rodrigo recupera o balón.

Foi no 20 cando por fin se rompeu a igualada, cando no remate dun centro en semifallo, Miguel bate a André que non é quen de atallar a pelota. Con este 0-1 se chegou ao descanso.

Os segundos 25 minutos seguiron na mesma liña, cos dous equipos dándoo todo. Jonathan, no 28 poñía un 0-2 no marcador que lle daba aire aos visitantes. Damián xa case ao final puxo a emoción facendo o 1-2 e achegando a opción do empate, pero Alejandro só un minuto despois certificaba o 1-3 final.

Bo traballo dos alevíns, aos que lles espera unha segunda fase durísima ao ter clasificado entre os mellores equipos da zona.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Brais, Damián, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, David, Aday, Saúl, Jorge, Raúl e André.

E.F.B. Cangas: Rodrigo, Martín, Brais, Sergio, David, Dani, Alejandro, Jonathan, Miguel, Troncoso e Héctor.

Goles: Miguel (min. 20); 0-2 Jonathan (min. 28); 1-2 Damián (min. 43); 1-3 Alejandro (min. 44)

INFANTILES 2 – 2 S.C.D. SALCEDO

Sensación agridulce deixou o encontro dos Infantiles na mañán do Domingo. Por un lado a boa nova de remontar un encontro que se ía perdendo 0-2 ao descanso, pero por outra banda o feito de que se tiveron ocasións e opcións de sacar os tres puntos ante un dos mellores equipos da categoría.

Os rapaces de Alberto saíron ben ao encontro, con bo xogo e xerando perigo, pero perdoando moito na fase de finalización. E como di o tópico, o que perdoa acaba pagando. Así Negashu poñía o 0-1 ao aproveitar o rexeite de Iván tras un saque de córner. E só 5 minutos despois, a desgracia se cebaba cos nosos, ao introducir Jonathan nun rexeite defectuoso o balón na propia portería. O 0-2 foi o resultado ao descanso, demasiado premio para os visitantes a tenor do visto no campo.

Nos segundos 40 minutos, os Infantiles saíron a por todas, buscando a remontada. Así Amestoy no minuto 50 lograra recurtar distancias cunha gran finalización de primeiras tras un centro de banda dereita e Pablo Fraga facía o empate no 60, que aproveitou un cambio de orientación de Raúl para marcar dende a banda dereita cun gran disparo.

Este 2-2 e 20 minutos por diante facía pensar que os puntos podían quedar en Moraña, pero non puido ser. Moitas ocasións desperdiciadas, balóns que marcharon chorando o pao, intervencións do porteiro rival… Ao final dos 80 minutos, reparto de puntos.

Moi bo traballo dos infantiles nun encontro de poder a poder. A seguir remando e traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Iván (Óscar, min. 40), Isma, Jonathan (Domi, min. 63), Rubén (Yoel. min. 54), Lucas (Alex, min. 40), Pablo, Pereira (Javi, min. 72), Raúl, Amestoy, Dani Fontán e Anxo.

S.C.D. Salcedo: David, Unai, Alexandre (Hugo, min. 72), Andrés, Negashu, Dani, Isma, Rubén, Sergio (Brais, min. 62), Alexis e Pedro (Gabriel, min. 79).

Goles: 0-1 Negashu (min. 30); 0-2 Jonathan p.p. (min. 35); 1-2 Amestoy (min. 50); 2-2 Pablo Fraga (min. 60).

CADETES 2 – 6 SAN MARTÍN C.F.

Caeron os Cadetes na mañán do sábado no Buelo ante o San Martín C.F. A pesares do amplo do marcador, o visto non campo fai deste un resultado enganoso. A chave estivo na finalización, xa que os dous equipos xeraron perigo, con moito acerto visitante e non tanto local.

Adiantáronse os nosos con gol de Dani no minuto 4, pero Roberto (min. 9) e Santiago (min. 23) dábanlle a volta antes do descanso.

No segundo tempo, esta falta de acerto foi aínda máis pronunciada, xa que o San Martín se adicaba a pechar os espazos e xogar á contra, polo que cada perda do Moraña en fase de creación ou transición se convertía nunha perigosa contra ou opción de perigo. Tamén destacamos o amplo acerto dos visitantes no balón parado, xa que ata 3 goles acadaron dende o lanzamento do córner. Case ao final, Raúl nunha gran xogada facía o segundo morañés, pero xa sen tempo para a reacción.

Aspectos a mellorar, pero bo traballo dos Cadetes que seguen a competir e a disputar semana a semana a pesar de todo. A seguir traballando e ánimo rapaces!!!

 

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Jorge, Alex, Pablo Sende, Andrés, David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González (Raúl, min. 49), Paglo Ares (Pereira, min. 40), Isma Escariz e Fernando.

San Martín C.F.: Joel, Iván, Brais, Alejandro (Marcos, min. 58), Pablo, Breixo, Roberto (Lara, min. 66), Nicolás (Ricardo, min. 54), Santiago (Adrián, min. 66), Rodrigo (Carlos min. 63) e Álvaro.

Goles: 1-0 Dani (min. 4); 1-1 Roberto (min. 9); 1-2 Santiago (min. 23); 1-3 Alejandro (min. 45); 1-4 Álvaro (min. 52); 1-5 Ricardo (min. 57); 1-6 Santiago (min. 66); 2-6 Raúl (min. 68)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario