Xa están dispostos todos os Cadros para o desenvolvemento da Copa Deputación desta tempada. Aquí vos deixamos as datas iniciais propostas para as Categorías do Moraña C.F. que participan nela:

  • A categoría Cadete xogará o 20 de Abril ante o Marcón. Será no Buelo, ás 20:30 horas.
  • Os Infantiles viaxan a Ponte Caldelas, para enfrontarse á S.C.D. Puente Caldelas. O partido será o Xoves 7 de Abril ás 19:00 en Chan da Barcia
  • Os Alevíns de F11, xogarán o 13 de Abril ante o Juv. Cambados. Campo e Hora por determinar.
  • Os Benxamíns xogarán o 27 de Abril ante o Vilagarcía S.D. Aínda non temos hora nin campo
  • Os Prebenxamíns madrugan neste torneo xogando xa este sábado 2 de Abril en Monte Redondo ante a E.D. Arousa ás 11:30

No seguinte enlace podedes consultar todos os Cadros da Copa Deputación: COPA DIPUTACION FEMENINA Y FUTBOL BASE PUBLICAR
Moita sorte e ánimo a todos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario