Segunda Xornada e segunda victoria consecutiva para a categoría Alevín de fútbol 11. O equipo dirixido por Juan López xogou un bo partido no campo pontevedrés da Xunqueira 1 na tarde do sábado, no que logrou vencer ao Pontevedra C.F. pola mínima.
Os nosos rapaces saíron ao campo enchufadísimos e realizaron unha primera parte case perfecta, cun gran nivel de xogo colectivo e no que ademáis do gol de Lucas que deu os puntos, gozaron de gran cantidade de ocasións para ir ao descanso con maior marxe.
Tralo paso polos vestiarios, os rapaces pagaron o esforzo da primeira parte e o feito de non ter pechado o partido antes, xa que sufriron bastante neste segundo acto para defender o resultado. Grazas a un bo esforzo e, sobre todo un gran traballo defensivo de todo o equipo os puntos viaxaron a Moraña.
Moi bo traballo o dos nosos alevíns, noraboa a e a seguir nesta liña.
FICHA TÉCNICA
Pontevedra C.F. 0 – 1 Moraña C.F.
Pontevedra C.F.: Luka, Noah, David, Nicolás, Andrés, Manuel José, Fernando, Pablo, Christian, Leandro, Milkias, David C., Antonio, Nathan, Pablo Rodríguez e Jon.
Moraña C.F.: André, Álvaro, Alex, Anxo, Daniel, Dani Fernández, Dani Fontán, Dominic, Lucas, Pablo Mouriño, Mateo, Rubén, Óscar, Joel, Sergio e Damián.
Gol: Lucas