O Moraña Veteranos, xa na cuarta xornada de Liga, visita esta semana o campo de O Carrasco-Marcón para enfrontarse ao Marcón Dibay. Os pupilos de Germán Rúa tentarán vencer ao seu rival esta fin de semana superando en primeiro lugar varias baixas de xogadores importantes e primordialmente a ausencia do seu adestrador, que viaxa a México acompañado de Fuentes para realizar o seguemento de posibles fichaxes futuras.
Os morañeses están citados no Campo de O Carrasco ás 15:40 horas para comezar o partido ás 16:15. A expedición morañesa ten prevista a súa saída ás 15:00 dende a Cafetería Xolda.
Moita sorte e a seguir pelexando!!