Moraña, 23 de Xuño de 2.014

       Estimado socio/a:

                                  En primeiro lugar comunicarvos a  todos que rematou a Tempada, e o balance, en xeral, foi moi bo. Todos os equipos estiveron a gran altura, destacando o Moraña Senior, que ascendeu á 2ª Rexional, e os Benxamíns A, que quedaron campións do seu grupo e ascenderon de categoría.

En segundo lugar, queremos informarvos das actividades a realizar :

1.- CEA  FIN  TEMPADA  MORAÑA C.F..- O venres  04/07/14, celebrarase unha cea-baile con motivo do final de tempada, onde estarán presentes os xogadores do primeiro equipo do Moraña C.F., aos que lles faremos unha pequena homenaxe, con motivo do ascenso acadado. O acto realizarase no Hotel Louxo da Toxa. Ao devandito evento poderán asistir todos os socios que o desexen, loxicamente previo pago da cota que corresponda.  

2.- II CAMPUS   MORAÑA C.F.O Campus terá lugar do Luns 7 ao Sábado 12 de Xullo de 2.014, en horario de maná e desenvolverase en 3 instalacións: Campo de Fútbol de Mirallos , Piscina Municipal e Campo de O Buelo. O Campus organizado polo Moraña C.F., é unha actividade lúdica, deportiva e recreativa de achegarse ao deporte do fútbol, dun xeito diferente, enchendo o tempo de ocio vacacional dos nenos e nenas, en idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos. O importe da actividade é de 80 €/nen@, facendo un prezo reducido para os irmáns de 55 €/ nen@. 

3.- FESTA DO CARNEIRO O ESPETO:  O Moraña C.F., o sábado 26 de Xullo, vai organizar un partido entre dous prestixiosos clubs,  que en principio e, se non hai cambios de última hora, están invitados o CORUXO (2º B), que xa confirmou a súa asistencia,   e o CELTA B. Aproveitarase este evento para facerlle o paseillo de campións ao MORAÑA BENXAMÍNS.

4,- XANTAR NA FESTA DO CARNEIRO Ó ESPETO: O Moraña C.F., e a petición de algúns soci@s, vai asistir por primeira vez ao xantar da festa. A participación está aberta para todos os que formamos parte do CLUB: directiva, xogadores, corpo técnico, soci@s e familiares. Todos aqueles que queiran estar presentes TEÑEN QUE RESERVAR PRAZA.

5.- RIFAS.- Como sabedes o Moraña ten á venda rifas nas que se sortea unha viaxe á Rivera Maya (MÉXICO); de 7 días, para dúas persoas e con todos os gastos pagados. Se aínda non compraches, e estás interesad@, pásate polo Local Social do Club.  É un xeito de, por só 2 €, poder gozar dunhas vacacións e, ao mesmo tempo, axudar á economía do Club.

6.- ASEMBLEA XERAL ORDINARIA.- Anticiparvos de que, a Xunta Directiva, ten programada a Asemblea Xeral Ordinaria Anual para o venres 1 de Agosto de 2.014. De todos os xeitos enviarásevos unha carta coa convocatoria e orde do día correspondente.

Non habendo máis novas que comunicarche aproveitamos para saudarte e desexarvos un verán.

                                                                                                 A    Directiva                                        

 

NOTA: Tod@s os interesad@s en participar  nos eventos a celebrar deberán informarse e confirmar a súa reserva de praza, chamando ao teléfono do Moraña C.F. (986-55.30.92), ou anotándose no Local Social do Club (Rúa Once, nº 3 Baixo), en horario de 19:30 horas a 21:00 horas. Tamén poderán facelo no teléfono 646122270 (aquí de 10:00 da mañá ás 22:00 horas) e, para máis información, nas seguintes páxinas web: https://www.moranacf.com //    http://www.morañaveteranos.es

 

Compárteo!

Deixa un Comentario