O próximo sábado (26/04/14) o Moraña Veteráns recibe o Arousa, pra  disputar a 31ª xornada da liga da tempada 2013-14.Os morañeses despois de recibir dúas derrotas consecutivas debido á cantidade de xogadores lesionados é aproveitando o parón de Semana Santa, o mister recupera varios xogadores co cal en principio poderá contar cun once de garantías, o encontro preséntase moi interesante pois os morañeses seguen de segundos na táboa clasificatoria cunha diferenza de cinco puntos respecto aos seus inmediatos perseguidores Arousa, Burgo e Arcade, polo que un triunfo morañés aseguraría practicamente o ascenso. Os xogadores morañeses están citados no Municipal de Mirallos ás 4:00 horas da tarde, o encontro iníciase ás 16:30 horas (CATRO E MEDIA)

Compárteo!

1 comentario

  1. Estaré para cervezas pero no para jugar. Hay q ganar porq hay apuestas por medio. Llevaré la ropa por si hay q resolver.

Deixa un Comentario